O sábado 11 de febreiro de 2012, o artista Eduardo Carriera fixo en "Arturuxo" a presentación dunha parte da súa obra pictórica e escultórica. No noso espazo haberá unha exposición permanente deste autor lucense. Para saber máis del pensamos co mellor é inserir textualmente a presentación que del mesmo fixo ese día:
"Son Eduardo Carreira e son un galego de Castroverde, un pequeno pobo da montaña luguesa. Estou aquí a presentar unha moi pequena e teño que dicir, improvisada mostra da miña obra. Prefiero dicir obra que traballo, pois mentiría abofé se digo que facer arte, para min, é traballo.
Son un pintor de óleo, tamén escultor de pedra e madeira. Fago contiños curtos en galego e algo de poesía.
Ata o de agora, sempre "obrei" facendo pintura, escultura e demáis como lecer. Nunca un traballo me supuxo, porque, para min, é unha maneira nata de expresión.
Eu pinto en galego. Moita xente me ten preguntado qué tipo de pintura fago, qué estilo propoño, qué técnica emprego. Mais eu sempre contesto: EU PINTO EN GALEGO.
Sempre tratei de lle dar ós meus cadros un toque máxico e especial. Podo facer un bodegón ou unha paisaxe coidada, pero non é o meu. Eu pinto a noite. eu pinto a amizade. O amor. A esencia. Pinto en galego. Para min cada cadro meu, leva un feixe de verbas agochadas en galego. E cando as remato, os miro. MOi detidamente. Moi a modiño. E unhas veces ulo o mar. Outras me agarimo contemplando as chorimas entre o verde dos toxos e silveiras. Ás vegadas vexo o Amor. E falo coa lúa que se ve entre as nubes grises da noite. E todo, todo o que fago, o fago con moito cariño, facendo sempre un chiscar de ollo a miña Galiza.
Eu amoso eisí o verde máis verde que eu puiden ver. E sinto ós rumorosos. E camiño por un areal salgado e mariñeiro. E me empapo da miña terra. Da máis bonita, para min. E fico namorado...
Pinto en galego. Pinto as luces amarelas das rúas nas noites de outono. Pinto esas miradas amarelas que me cautivan. Que iluminan todo aínda que semellen alumar pouco. Entón vexo un moucho. Tamén ten ollos amarelos. Coma a rúa. Eu vexo as fiestras por fóra. Facendo que a fría noite sexa menos fría coas súas luceciñas amarelas. E as casas me parecen faces de miradas infinitas. Desas miradas amarelas que se cravan no peito da noite do outono.
E así como eu vexo o Amor nos meus cadros. Así o escribo e asó o tento de amosar. Non sei se ninguén nunca me entenderá. Mais eu sempre pretendo reflexar a MAXIA GALEGA que fai cóxegas no bandullo e que ata deixa un nó na gorxa.
Non son realista, nin impresionista, tampouco son abstracto. Eu coido que son, sinxelamente, un galego namorado."
Eduardo Carreira, en Madrid, o día 11 de febreiro de 2012
E eu engadiría "e que namoras, Eduardo".
ResponderEliminar