Páxinas vistas en total

Datos personais

Mi foto
Ás veces levar a cabo unha idea ou un soño axuda a dar máis sentido ó tempo que temos que pasar neste planeta. Aturuxo xurde da xuntanza dunha paixón profundamente enraizada chamada Galicia e dun patente valeiro na cidade de Madrid. Agás algún espazo moi concreto e ó tempo pouco desenvolvido en canto a literatura, Aturuxo amósase como, na actualidade, o único comercio adicado en exclusiva á artesania (de distíntos ámbitos), música tradicional de onte e de hoxe, e libraría en galego. Temos unha clara vocación divulgativa tendo a cultura galega como bandeira, neste sentido tamén queremos ter un recunchiño para eses autores galegos residentes en Madrid, na nosa tenda terán a posibilidade de ofertar os seus traballos e dalos a coñecer. Este blog pretende ser un escaparate cultural galego en Madrid, onde a modo de faladoiro cada que diga e fale sobre calquer tema vencellado a Galicia. De Saraibas copïamos o noso lema "Un Pobo, unha Terra e unha Fala"

Dámosvos a benvida ó noso blog / Os damos la bienvenida a nuestro blog

Agardamos a vosa participación e suxerencias
Esperamos vuestra participación y sugerencias

martes, 28 de febrero de 2012

A ourivaría da prata e o acibeche en Santiago

Aquí vai unha pequena explicación do porque da importancia do traballo compostelá nesta arte.
A Confraría de Acibecheiros de Compostela era a que antigamente tiña a exclusividade para traballar o acibeche na Coroa. Na época dourada das peregrinacións xacobeas, os artesáns de Compostela se convirtiron en grandes metres na súa talla. A pesar que hoxe dita exclusividade desaparecera, o oficio da artesanía en acibieche permaneceu de xeración en xeración ata a actualidade, aínda que sexan xa moi poucos os que estean inda neste labor.
O acibeche sempre veu de terras asturianas, principalmente das minas de Villaviciosa. Pódese considerar dito acibeche como o mellor do mundo para o seu uso na xoiería. Atópanse varios xacementos de acibeche repartidos polo mundo, pero aquel apto para o seu traballo en xoiería provén só dalgúns poucos lugares, como é o caso do asturiano.
As pezas máis tradicionais xurdiron a partires dun esmerado e arduo traballo que combina a talla da pedra coa filigrana da peza en prata. A realización da filigrana é un traballo artístico de primeira orde, ó que só unhas poucas afortunadas e habilidosas mans están chamadas a elaborar.
As que amosamos na nosa foto están feitas no obradoiro de Adonis, un dos máis prestixiosos artesáns da prata e do acibieche.

lunes, 13 de febrero de 2012

Exposición en "Aturuxo" de Eduardo Carreira


O sábado 11 de febreiro de 2012, o artista Eduardo Carriera fixo en "Arturuxo" a presentación dunha parte da súa obra pictórica e escultórica. No noso espazo haberá unha exposición permanente deste autor lucense. Para saber máis del pensamos co mellor é inserir textualmente a presentación que del mesmo fixo ese día:
"Son Eduardo Carreira e son un galego de Castroverde, un pequeno pobo da montaña luguesa. Estou aquí a presentar unha moi pequena e teño que dicir, improvisada mostra da miña obra. Prefiero dicir obra que traballo, pois mentiría abofé se digo que facer arte, para min, é traballo.
Son un pintor de óleo, tamén escultor de pedra e madeira. Fago contiños curtos en galego e algo de poesía.
Ata o de agora, sempre "obrei" facendo pintura, escultura e demáis como lecer. Nunca un traballo me supuxo, porque, para min, é unha maneira nata de expresión.
Eu pinto en galego. Moita xente me ten preguntado qué tipo de pintura fago, qué estilo propoño, qué técnica emprego. Mais eu sempre contesto: EU PINTO EN GALEGO.
Sempre tratei de lle dar ós meus cadros un toque máxico e especial. Podo facer un bodegón ou unha paisaxe coidada, pero non é o meu. Eu pinto a noite. eu pinto a amizade. O amor. A esencia. Pinto en galego. Para min cada cadro meu, leva un feixe de verbas agochadas en galego. E cando as remato, os miro. MOi detidamente. Moi a modiño. E unhas veces ulo o mar. Outras me agarimo contemplando as chorimas entre o verde dos toxos e silveiras. Ás vegadas vexo o Amor. E falo coa lúa que se ve entre as nubes grises da noite. E todo, todo o que fago, o fago con moito cariño, facendo sempre un chiscar de ollo a miña Galiza.
Eu amoso eisí o verde máis verde que eu puiden ver. E sinto ós rumorosos. E camiño por un areal salgado e mariñeiro. E me empapo da miña terra. Da máis bonita, para min. E fico namorado...
Pinto en galego. Pinto as luces amarelas das rúas nas noites de outono. Pinto esas miradas amarelas que me cautivan. Que iluminan todo aínda que semellen alumar pouco. Entón vexo un moucho. Tamén ten ollos amarelos. Coma a rúa. Eu vexo as fiestras por fóra. Facendo que a fría noite sexa menos fría coas súas luceciñas amarelas. E as casas me parecen faces de miradas infinitas. Desas miradas amarelas que se cravan no peito da noite do outono.
E así como eu  vexo o Amor nos meus cadros. Así o escribo e asó o tento de amosar. Non sei se ninguén nunca me entenderá. Mais eu sempre pretendo reflexar a MAXIA GALEGA que fai cóxegas no bandullo e que ata deixa un nó na gorxa. 
Non son realista, nin impresionista, tampouco son abstracto. Eu coido que son, sinxelamente, un galego namorado."
Eduardo Carreira,  en Madrid, o  día 11 de febreiro de 2012